BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

Visita de Lola Gándara

O pasado mércores día 27 coincidindo coas celebracións do día do libro estivo visitándonos e charlando con nós Lola Gándara, autora do libro Alexandra. Estivo conversando sobre o seu labor como escritora e preguntounos a nosa opinión sobre o seu libro. Ó final asinounos o seu libro.



" A min pareceume moi interesante, eu esperaba que só ía falar ela, pero resultou moi simpática e moi boa, porque nos deixou falar a nós e dicir o que nos parecía o libro" Sara López

" A charla pareceume moi entretida, explicounos o final do libro. Contounos que traballou nun colexio e por iso algunhas das súas novelas están relacionadas cos rapaces. Gustoume moito a súa forma de ser e a súa maneira de expresión" Christian Gil Monzo

" Gustáronme moito as anécdotas que contou: o dos alcumes dos profesores e as cousas que se facían no colexio e que non sabían os profesores. Eu penso qu está ben ser escritora e ter a experiencia de ser directora dun colexio porque como a ela lle pasou podería orientar un deses libros ás historias que pasan nun colexio" Sara Álvarez

" A charla pareceume moi entretida aínda que algo longa. A verdade é que non me imaxinaba a charla tal e como foi, imaxinábaa dunha maneira diferente como ao grande, pero gustoume moito" Santiago Vicos

" A charla gustoume, pero pareceume que extendía moito as respostas e por iso non nos deu tempo a facer máis preguntas" María Álvarez

"É unha persoa agradable e moi alegre, tamén falou cando fixo un guión para a televisión" Adonay Zuloeta

"Pareceume entretida porque era simpática .Unha cousa que non entendo e que ao facerlle preguntas aos famosos nunca te responden a esa pregunta e vanse polas ramas. Porque eu fíxenlle unha pregunta e quedei coa intriga.Pero, en xeral, a charla estivo moi ben" David Puente

"Lola  Gándara  é unha  muller de cor  pálida.  A súa  cara é  afiada  e alongada. Ten uns  pequenos ollos, un nariz  picudo ...Leva posto unha camisa  laranxa facendo xogo  cos  seus  zapatos  de cor  branca con flores  azuis, laranxas e rosas, un pantalón negro.  Ten dous aneis  nunha  man e un  na outra. As uñas  da man están pintadas de cor  vermello, da mesma cor ten os pendentes que leva postos nas orellas…   Ten un carácter risoño, é  simpática, amable, agradecida, e dicir, unha  persoa  marabillosa”
                                               Lucía  Díaz  1º ESO  B