BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

Día da Paz 2011 Mural feito por 1º ESO



O NOME E AS SÚAS CLASES

Hoxe  repasaremos outro  tema   xa  visto. Grazas ao profesor Alberto Armada que elaborou  este  material.
Pincha   no  enlace e comeza a traballar.
 http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/nome/nome.html

OS CONTOS POPULARES

Unha historia de amor... en clave galega.Ambientado no museo do xoguete de Allariz, o proxecto conta coa música de Emilio Aragón e os deseños de Alfonso Costa e tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña.

A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen O Soldadiño de Chumbo que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.


Neste  video trátase a historia tradicional do conto de Andersen (adaptada por Xavier Senín) pero adiada na animación da man de Virginia Curiá e Tomás Conde. Un traballo de Continental Produccións para o 60 aniversario da Editorial Galaxia.
Todo un despliegue da excelente escola de animación que temos en Galicia, rodado no museo do Xoguete de Allariz.
Unha fermosura!

O ADXECTIVO REPASO TEMA 3

 Xa   o  temos  visto  pero  hoxe imos  repasalo  de  novo grazas  ao  material  de Alberto  Armada  Rodriguez . Pincha  no  enlace  e  repasaremos  os  adxectivos e oe  seus  graos  .
http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/adxectivo/adxectivo.html

ORTOGRAFÍA

Rosa  Salgueiro  na  súa  páxina  ten elaborado unha  serie de recursos para   repasar a ortografía. Imos  practicar  algo . Picha  no  enlace  e a ver  se es capaz de facer  todos os  exercicios ben, Ánimo  son moi  faciliños:

http://www.rosasalgueiro.com/horto/parcela1.htm

OS ARTIGOS REPASO TEMA 4

A  traballar  todos  nestes recursos interactivos que elaborou  Alberto Armada  Rodriguez .
Pincha  no  enlace  e  xa podes comezar a traballar.
http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/artigos/artigos.html
MASCULINOFEMININO
SINGULAR o a
PLURAL os as

MASCULINOFEMININO
SINGULAR un unha
PLURAL uns unhas

A CASA TEMA 4 REPASO


No  tema  catro  coñecemos algún vocabulario  sobre a casa Hoxe imos  repasalo  grazas a  un material que  elaborou Xosé Lois  para un curso  de inmersión lingüística.  Pincha  no seguinte enlace e a traballar.

http://inmersiongalego.nireblog.com/post/2009/04/29/a-vivenda

OS ALIMENTOS REPASO TEMA 5

Neste  tema  5  o vocabulario  fala  sobre os  alimentos. Ademais  dos  exercicios que veñen no libro , iremos  a un mercado. Que comprarías? Que che gusta máis?



http://engalego.es/almacen/lim10/mercado/mercado.html

Este  traballo está elaborado polo grupo de traballo   do C.E.P. DOUTOR  FLEMING   de VIGO

A cociñar



No  noso libro no tema 5 nos fala dos  alimentos e  danos as instrucións  para  facer algunha. Aquí  tes un video  cunha  receita  sinxela que  podes  facer ti  mesmo. Toma nota  dos  ingredientes.
Despois  terás que  redactar  ti unha  receita.

OS SÍMBOLOS DE GALICIA



Hoxe imos aprender algo da nosa cultura e dos nosos símbolos: a bandeira. o himno , etc.
Somos galegos e temos que coñecer as bases do noso pobo.
Temos que darlle  as   grazas ao profesor  Xosé Antón Vicente Rodríguez do CEIP O Piñeiriño pola elaboración deste material.

Pincha no enlace e comeza a culturizarte:

http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/recursos/galicia/galicia.html

O XÉNERO E O NÚMERO

Outra vez recorremos aos materias da páxina do profesor Alberto Armada, esta vez sobre a xénero e número dos substantivos que xa vimos en temas anteriores, pero agora xa podemos utilizar os nosos ordenadores.
Pincha no enlace e comeza a traballar:
http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/xeneronumero/xeneronumero.html

O SUBSTANTIVO


O profesor Alberto Armada na súa páxina TICBLOG ten unha gran cantidade de recursos. Nós hoxe traballaremos cunhas actividades de repaso sobre o substantivo.
Pincha neste enlace:

http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/nome/nome.html