BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

A saúde Tema 9



AQUÍ

Quiz Luísa Villalta de Lucía López

Quiz Xosé María Díaz Castro de Anxo Méndez

Quiz Xosé María Díaz Castro Araceli Morris

Quiz Xosé María Díaz Castro Mario García

Quiz Luísa Villalta Joseba Jimenez

Quiz Luísa Villalta Adriana Barro

Quiz Xosé María Díaz Castro de Diego Castro 1º ESO C

Quiz Xosé María Díaz Castro de Victoria Couto 1º ESO C

Quiz Xosé María Díaz Castro Alison López 1º ESO C

Quiz Xosé María Díaz Castro Xabi 1º ESO C

Quiz Luísa Villalta Iria Jarama 1º ESO C

Quiz Xosé María Díaz Castro Oscar Franco Ferreiro 1º ESO C

Quiz Xosé María Díaz Castro Elvis Chirinos 1º ESO A

Quiz Luísa Villalta Sara García 1º ESO A

Quiz Luísa Villalta Paula Ares 1º ESO A

Quiz Luísa Villalta Nicolle Castillo 1º ESO A

Quiz Xosé María Díaz Castro Tania Caamaño 1º ESO A

Quiz Un bo caso de Hipo Pablo Tenreiro 1º ESO A

Quiz Luísa Villalta Mónica Castro 1º ESO A

Quiz Rosalía de Castro Andrés 1º ESO B

Quiz elaborado por Pablo Díaz

Quiz elaborado por Manuel Cea (1º ESO B)

Quiz elaborado por Andrea Baylon (1º ESO B)

Actividades LIM Xosé María Díaz Castro

 Fai  esta  actividade  para  comprender mellor  a  vida  e  a obra  de Xosé  María  Díaz  Castro.

                                                                                  AQUÍ

Quiz elaborado por Stella García

Q

Material sobre Xosé María Díaz Castro



                                                                             AQUÍ


Test sobre Xosé María Díaz Castro



Elabora este cuestionario  sobre  a vida  e  a  obra do autor  ao  que se lle  adica este  ano o Día  das Letras  Galegas.

                                                             AQUÍ

Xosé María Díaz Castro Letras Galegas 2014



Poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914, morou grande parte da súa vida en Madrid, onde se desempeñou como funcionario público. Retornou á súa terra natal a principios da década dos oitenta do século pasado. Daquela puxo casa na vila de Guitiriz, onde morreu en outubro de 1990.

Educado na escola "habanera" que promovera na parroquia a sociedade de instrucción "Villares y su comarca", constituída en La Habana en 1912, formouse logo no seminario conciliar de Mondoñedo, onde ingresou en 1929. Alí, alén de cursar os estudos regulamentados da carreira eclesiástica case ao completo, comezou o seu interese polas linguas e deu os primeiros pasos na escrita literaria, dirixindo unha revista escolar e publicando o seu primeiro texto en lingua galega no xornal chairego El Progreso Villalbés no ano 1931. Nesta etapa mindoniense tamén se familiarizou coa densa tradición literaria, nomeadamente poética, que floreceu daquela, no ronsel de Leiras Pulpeiro e de Noriega Varela, na cidade do Masma a través de figuras como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Alvaro Cunqueiro ou Diaz Jácome.

Pasados os anos da guerra civil, que cumpre na retagarda no Hospital militar de Pontevedra, e despois dun fugaz retorno ao seminario mindoniense, comeza a súa etapa de profesor de linguas no colexio privado León XIII de Vilagarcía de Arousa, onde foi chamado por Iglesia Alvariño. En 1948 gañou praza de funcionario público e ingresou como tradutor no Ministerio da Gobernación. Posteriormente, exerceu en diversos organismos oficiais (Instituto de Cultura Hispánica, Consello Superior de Investigacións Científicas), ata a súa xubilación e final retorno a Galicia.

Aínda que a súa vocación literaria abrollou durante a súa mocidade, a expresión escrita da mesma demorou moitos anos en se manifestar. Na década dos corenta gañou o primeiro premio de Poesía galega nos "Juegos Florales de Betanzos" de 1946 cun "tríptico á groria da betanceira" e, nos anos cincuenta comezou a publicar algúns poemas en revistas como Alba, dirixida por Ramón González-Alegre, quen consideraba a Díaz Castro como "un poeta de verdade", o máis sólido dos que colaboraban na revista. Nesta publicación deu a lume sete poemas, entre eles o máis famoso do autor, "Penélope" (Alba, nº 4, 1950). En 1955, Francisco Fernández del Riego inclúe algúns poemas de Díaz Castro na súa antoloxía Escolma de poesía contemporánea, IV. Os contemporáneos (Galaxia, 1955), o que constitúe un paso decisivo para a definitiva incorporación do poeta ao sistema literario galego.

Esta incorporación foi obra de varios amigos, algúns deles moi vinculados ao proxecto da editorial Galaxia, que o animan de forma constante a escribir versos que poidan conformar un libro. Aínda que se sente satisfeito e mesmo "orgulloso" do apoio que lle prestan "los escritores paisanos míos", entre os que menciona a Carballo Calero, Piñeiro e Celso Emilio, alén de Iglesia Alvariño e de González-Alegre (carta a Fernández del Riego do 14.5.1959), o certo é que tarda en dispoñer de orixinais: "desde los tiempos de ALBA, no he escrito ni una línea y el original de que disponía no era suficiente para la extensión de un libro normal".

O tal libro acabaría por ser Nimbos, un poemario que veu a lume en Galaxia a mediados de 1961 e que consagraría a Díaz Castro como un autor poético singular no contexto da literatura galega de posguerra, que abaneada entre o lirismo intimista de autores xa consolidados como Iglesia Alvariño (Cómaros verdes, 1947), as achegas dos novos como Novoneyra (Os eidos, 1954) e o realismo social que se abría paso na emigración en poemarios como os de Luís Seoane (Fardel de eisiliado, 1952) e moi logo na Terra coa obra rompedora de Celso Emilio (Longa noite de pedra, 1962). Neste panorama, a poesía de Diaz Castro ten un perfil claramente plural, sen caer no eclecticismo. Non responde ao canon realista –malia que non fique nunha torre de almasí- nin tampouco ao máis común de carácter ruralista ou etnografista que acompañou a renacenza poética da primeira postguerra, salientando a súa poesía pola economía expresiva, depurada técnica, intimismo e, desde logo, un fondo espiritualismo cristián que se combina cun certo panteísmo.

Nimbos é un libro breve, que consta de 32 poemas, agrupados en sete epígrafes ("Pórtico", "Noite", "Lus", "Espranza", "Milagre", "Sono", "Ferida") que, con todo, amosan unha grande coherencia e homoxeneidade, como propia dun autor maduro e de elaboración poética moi demorada. A súa lingua é coidada, se ben incorpora moitos dialectalismos chairegos, que o propio autor aclara nun glosario final tanto en Nimboscomo noutras entregas poéticas. A recepción que a crítica coetánea fixo do libro foi entusiasta, como mostran as recensións de R. Otero Pedrayo, Carballo Calero, A. Cunqueiro, R. Lugrís, X. M. Álvarez Blázquez ou X. L. Franco Grande. Este aprecio foi constante en toda a historia da literatura galega contemporánea de modo que podería dicirse, con X. L. Méndez Ferrín, que Nimbos representa "un dos cumes da poesía galega posterior á guerra civil". Dentro desta obra, cómpre salientar o poema "Penélope", pola súa condensada e radical descrición de Galicia como unha tea que se está a facer e desfacer de modo constante.

A obra poética de Díaz Castro en lingua galega posterior a Nimbos é fragmentaria e parcialmente ficou inédita. Só nos anos oitenta, co seu retorno físico a Galicia, comezou a publicar en revistas poéticas como Dorna, onde aparecerían varios poemas seus, vellos e novos, que manterían o autor como un mestre poético para as novas xeracións agrupadas ao redor desta publicación, que dirixía Luís González Tosar. Se a Díaz Castro, como di un dos seus poemas con ecos de Aquilino, "a beleza feriume para sempre", tamén o seu legado poético deixou unha marca indeleble na poesía galega da segunda metade do século pasado.

Alén de creador literario, Díaz Castro foi un constante tradutor, tanto por necesidades profesionais como por vocación literaria. El, que consideraba a tradución como unha operación de notable dificultade, "un xeito de recreación" que precisaba tanto de ciencia como da arte, acometeu a tradución ao galego ou ao español (e mesmo desde estas dúas linguas a outras como o inglés e o francés) de textos poéticos de autores galegos como Rosalía, Iglesia Alvariño, Bouza Brey ou el mesmo; de autores españois como Federico García Lorca ou Rafael Alberti e, naturalmente, de diversos creadores da literatura occidental como R. M. Rilke, W. Whitmann, A. Rimbaud, W. B. Yeats ou Paul Valèry.

Neste labor de tradutor é de salientar a súa participación en proxectos literarios de promoción exterior da literatura española, na que ao carón de autores en lingua castelá estivesen presentes textos procedentes das diversas linguas de España. Nun deses proxectos, dirixido polo galego Ramón Martinez López, Image of Spain (The University of Texas, Austin, 1960), colaborou co envio de varios poemas de seu e textos doutros poetas, como o vasco "Xavier de Lizardi" que, infelizmente, non foron finalmente publicados, aínda que o aprecio que o editor amosou polos poemas de Díaz Castro foi moi grande. No seguinte proxecto, a súa presenza foi máis afortunada, pois colaborou moi estreitamente coa profesora e crítica Françoise Pechère para compoñer o volume Terre d'Espagne (Bruxelles, 1968), no que están incluídos poemas dos cancioneiros trobadorescos, de Rosalía, Bouza Brey, Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio e o seu "Penélope", a carón de poemas vascos, cataláns e unha grande variedade de autores en lingua castelá, tanto do interior como do exilio. En ambos casos, do que se trataba era de representar nesta escolla poética a diversidade cultural de España pois, como subliña F. Pechère no prefacio, "cadaquén vai cantar a súa terra, a súa rexión propia, e con canta emoción!". Díaz Castro contribuíu brillantemente a tornar máis visible a tradición literaria galega.

Tendo en conta este perfil biográfico, a Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou escoller a Díaz Castro como figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide con primeiro centenario do seu nacemento.