BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

A cociña

 A  cociña  é  unha  das partes  da  casa  máis  importante, alí  facemos o almorzo, o xantar e a cea. Preparamos  as  nosas  comidas con  moitos utensilios  que  temos  que  coñecer. Fai as  seguintes  actividades e recorda que isto  nos serve de repaso  para  o exame.

Folletos publicitarios ¿en galego?

Despois de  ver o vocabulario dos alimentos, fixámonos en que lingua estaban os folletos publicitarios dos diferentes  supermercados. Practicamente todos  están en castelán . A  que cres que é  debido?  Podería  modificarse esa   situación?
Por  iso   fixemos uns folletos  como terían que ser, na nosa  lingua.

Palabras con B . Exercicios prácticos

A ortografía  é  moi importante. Cada  vez  escribimos  peor e non sabemos as  regras  de ortografía. Imos repasar hoxe  as  palabras  que se escriben con B.

Pincha  no seguinte enlace e fai  os  seguintes exercicios elaborados  por Victorio Blanco.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1291195609/contido/BGUAI/ortografi_a.html

Que é un dicionario? Repaso tema 3

Que  é  un dicionario?  Para  que o utilizamos?  Os  diferentes  tipos  de dicionarios. Imos   repasar  todo.
Pincha  no enlace  que está  despois  da  foto e fai  todas   as  actividades


http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1291893277/contido/index.htm

O entroido en Galicia

Se   queremos   saber  algo máis  do Entroido   imos   facer  esta  webquest, hai  unha  serie de preguntas  que podes ir respondendo acudindo aos recursos  que aparecen na  mesma páxina.
Pincha    neste enlace  e   atoparas   a  webquest.
 Ánimo e  a  ver se chegas  á  gran  pregunta.

http://www.phpwebquest.org/wq25/caza/soporte_mondrian_c.php?id_actividad=84724&id_pagina=2