BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

Repaso O vestiario Tema 6

No tema  6 estudamos  o  vocabulario    relacionado  coas  prendas  de vestir e  complementos,  repasa eses  termos  coas  seguintes  actividades elaboradas por  Begoña  Salgado  . Pincha  no enlace debaixo  da  foto.


Estamos en Pascua

Estamos  de  vacacións, imos  pasar un rato   con estas actividades que  elaborou  Ana  Martínez  Rey.  Pincha  no  enlace,  a  ver  se  che   gustan.

                    http://dl.dropbox.com/u/14722558/PASCUA/pascua.html

Letras Galegas 2011. Lois Pereiro

Este  ano  o  Día  das  Letras  Galegas  está  adicado  a  Lois  Pereiro. Que  sabes del?  e  da  súa  obra? Preme  no enlace  que  está   debaixo  da   foto e fai  as  actividades  que  foron  elaboradas  polos  profesores  do CEIP Frián  de Teis  (Vigo).

Repaso Os determinantes

No tema 6 estivemos estudando os determinantes (demostrativos,posesivos, numerais, indefinidos, relativos, interrogativos e exclamativos. Aquí tes unhas actividades para repasar o tema.

Visita de Lola Gándara o día 27 de abril

Elaboración dunha descrición

Escolle un destes personaxes e elabora o seu retrato con todo o vocabulario da lección e de presentación sobre a descrición de persoas.


A descrición Tema 6

Temos aquí unha presentación feita por Marisa Díaz Couce do IES María Casares sobre os elementos da descrición.
Fíxate en todos os pasos para despois facer unha descrición.
Recorda a diferencia entre prosopografía e retrato.

Mural Glogster relacionado co vocabulario do tema 6




Glogster. Murais dixitais

Aquí  temos  unha  ferramenta  nova  coa  que imos  empezar a traballar. Trátase de  elaborar un cartel ou mural   dixital utilizando  unha  serie  de elementos como facer  o fondo, engadir un texto, unha  foto , un  video ou  musica.  Temos   varios  videos en que  nos explican como  se   fai .
Imos  intentalo, a ver  como nos  sae. 





Ademais  podes  clicar  no seguinte enlace no  que  explica de forma clara e sinxela   como  se  elabora  un mural  glogster.