BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

Repaso tema 7 Os verbos

Aquí  tes unha  serie de exercicios sobre  verbos  que  che  axudarán a repasar . Fai  todos   os  exercicios  menos o 2 e o 3. Se pinchas onde pon verbo  regular ou no cadro  marrón con todos os verbos verás  como se conxugan.


http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo1.htm


Expotaku 2011 A Coruña

A fin de semana do 20 ao 22 de maio terá lugar a segunda edición de Expotaku na Coruña o segundo salón do manga de Galicia organizado por Movemento Xove. Este salón repite espazo no Recinto Ferial Expocoruna

Por un módico prezo podedes asistir a multitude de obradoiros, cursos, participar en concursos e proxeccións. Lembrade que para moitos de esas actividades tedes que inscribiros previamente no foro da organización.

Programa

O Aceite de Colza




   Colza  (Brassica napus) é unha planta cultivada da familia Brassica, con flores amarelas brillantes.
  Unha planta anual alcanza 0,3-1 metros de altura, as follas son de 5 a 40 centímetros, a floración ocorre no inicio da primavera de flores amarelas, o froito é unha siliqua from 5 a 7 cm con varias sementes 1,5-2 mm de diámetro.
Se cultiva en todo o mundo para forraxe, aceites vexetais para consumo humano e biodiesel. Os principais produtores son a Unión Europea, Canadá, Estados Unidos, Australia, China e India.  De acordo co Departamento de Agricultura dos Estados Unidos, a colza era a terceira fonte de aceite vexetal en 2000, despois da soia e palma, así como a segunda fonte mundial de proteína dos alimentos, pero a súa importancia é só un quinto do da soia. En Europa  é cultivada principalmente para a alimentación animal (por seu alto contido en graxas e proteínas )

Aceite de colza, o estado natural, contén ácido erúcico e glucosinolatos que son moderadamente tóxico en doses elevadas. Houbo dúbidas sobre a verdadeira orixe da intoxicación que  ocorreu en España, atribuíu, nalgúns círculos científicos a herbicidas. Oficialmente, considérase que a causa da enfermidade foi a inxestión de aceite de colza desnaturalizado con anilina importados para uso industrial e utilizando novas técnicas de análise xenética tamén é posible demostrar que existe unha predisposición xenética á intoxicación con aceite de colza desnaturalizado.

Un conxunto de variedades con niveis menores de ácido erúcico e glucosinolatos foron obtidos en Canadá e foi dado o nome de canola (a sigla para Canadian Oil Low ácido, acedo aceite canadense baixo), entón este nome foi aplicado indiscriminadamente a cultivares de colza, independentemente dos seus niveis de ácido.


Día das Letras Galegas 2011

Supoño  que xa  saberás  moitas  cousas  sobre  Lois  Pereiro, aquí  temos  outras  actividades  para  repasar algunhas  cousas.



http://xiralibronofleming.blogspot.com/2011/04/lois-pereiro-biografia-e-obra-en-lim.html

Lois Pereiro 2011

Con estas  actividades  aprenderemos máis  sobre  Lois  Pereiro pero  sobre  todo  de cuestións  xerais  sobre   xeografía,  gramática e  cultura  xeral.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/file.php/39/loispereiro/lois530.htm

Lois Pereiro en 40 preguntas

Aquí   temos   outra   actividade  sobre  Lois  Pereiro,  no  que  hai  que  contestar  a  40   pequenas   preguntas  sobre  a  súa   vida  e  a súa   obra.
Serás  capaz  de  resolvelas   todas ,    entrega  as  túas  respostas  o  venres  día 13  de maio.

Pincha  no enlace  e  comeza  a  traballar.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/170

Día das Letras Galegas 2011. Lois Pereiro

Nesta  semana  do  Día  das  Letras  Galegas  imos  facer  algunhas  actividades   para     saber  algo  máis   sobre  Lois   Pereiro .  Pincha  no  enlace  que está   debaixo  da  fotografía  e  aprende algo  sobre  este  autor.

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/loispereiro/loispereiro.html

Máis marcapáxinas.


Aquí temos algún marcapáxinas máis (fóra de prazo, pero bueno...) Un deles especial adicado a Lois Pereiro no Día das Letras Galegas .

Marcapáxinas Día do libro 2011

Aquí podemos ver algúns dos marcapáxinas que fixeron os alumnos de 1º da ESO con motivo do Día do Libro. Non están todos entre outras cousas porque non os entregaron no día que correspondía.

Visita de Lola Gándara

O pasado mércores día 27 coincidindo coas celebracións do día do libro estivo visitándonos e charlando con nós Lola Gándara, autora do libro Alexandra. Estivo conversando sobre o seu labor como escritora e preguntounos a nosa opinión sobre o seu libro. Ó final asinounos o seu libro.



" A min pareceume moi interesante, eu esperaba que só ía falar ela, pero resultou moi simpática e moi boa, porque nos deixou falar a nós e dicir o que nos parecía o libro" Sara López

" A charla pareceume moi entretida, explicounos o final do libro. Contounos que traballou nun colexio e por iso algunhas das súas novelas están relacionadas cos rapaces. Gustoume moito a súa forma de ser e a súa maneira de expresión" Christian Gil Monzo

" Gustáronme moito as anécdotas que contou: o dos alcumes dos profesores e as cousas que se facían no colexio e que non sabían os profesores. Eu penso qu está ben ser escritora e ter a experiencia de ser directora dun colexio porque como a ela lle pasou podería orientar un deses libros ás historias que pasan nun colexio" Sara Álvarez

" A charla pareceume moi entretida aínda que algo longa. A verdade é que non me imaxinaba a charla tal e como foi, imaxinábaa dunha maneira diferente como ao grande, pero gustoume moito" Santiago Vicos

" A charla gustoume, pero pareceume que extendía moito as respostas e por iso non nos deu tempo a facer máis preguntas" María Álvarez

"É unha persoa agradable e moi alegre, tamén falou cando fixo un guión para a televisión" Adonay Zuloeta

"Pareceume entretida porque era simpática .Unha cousa que non entendo e que ao facerlle preguntas aos famosos nunca te responden a esa pregunta e vanse polas ramas. Porque eu fíxenlle unha pregunta e quedei coa intriga.Pero, en xeral, a charla estivo moi ben" David Puente

"Lola  Gándara  é unha  muller de cor  pálida.  A súa  cara é  afiada  e alongada. Ten uns  pequenos ollos, un nariz  picudo ...Leva posto unha camisa  laranxa facendo xogo  cos  seus  zapatos  de cor  branca con flores  azuis, laranxas e rosas, un pantalón negro.  Ten dous aneis  nunha  man e un  na outra. As uñas  da man están pintadas de cor  vermello, da mesma cor ten os pendentes que leva postos nas orellas…   Ten un carácter risoño, é  simpática, amable, agradecida, e dicir, unha  persoa  marabillosa”
                                               Lucía  Díaz  1º ESO  B