BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

Bo Nadal 2012



Bo Nadal para todos. Aquí tedes un enlace que nos leva a moitos materiais relacionados con estes días e sobre todo cunha figura plenamente galega: O Apalpador.  Pincha  aquí  e    infórmate  sobre  esta  figura. Tamén   hai outra  páxina  con moitas  informacións  e cousas  curiosas,  pincha  aquí  e  poderás  vela.


As nosas noticias

Estas  son algunha  noticias  elaboradas  polos alumnos de 1º  .  Lembra,  as noticias  responden ás  seguintes  preguntas: que pasa? a  quen? onde? cando?  como? por que?





Tema 2 Vocabulario A roupa

Na  actualidade a  moda é  moi importante.

Imos repasar o vocabulario  da  roupa  e complementos. Pincha  aquí  e fai as  seguintes  actividades.  Despois  con este  vocabulario imos  elaborar  un catálogo publicitario  coa  roupa  de  moda  para  esta  temporada.

A derradeira falante. Lectura tema 1

Aquí   tes máis información   sobre  a  señora  Boa  e  tamén  poderás escoitar  a  súa  canción.  Pincha  aquí  e  entra na  páxina  de  SURVIVAL.

Vocabulario do corpo humano Tema 1

Neste  primeiro  tema  imos  estudar o vocabulario  do  corpo  humano.  Pincha  aquí  e  poderás  repasar  o  vocabulario  do libro   e tamén coñecer outro  novo.

As noticias da prensa escrita




A prensa escrita refírese a publicacións impresas que se diferencian en función da súa periodicidade. Esta periodicidade pode ser diaria (neste caso o xornal acostuma chamarse diario, ou incluso periódico), semanal (semanario), mensual (no caso de revistas especializadas) ou anual (anuario).

Pincha  aquí  e   poderás  saber   algo máis  sobre  os  xornais, os  seus  tipos, a  súa  estrutura .....  Ademais  das partes en qe se divide a noticia.


A  prensa   escrita