BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO

BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.







Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.















O noso instituto

O noso instituto
Isaac Díaz Pardo

Presentación sobre o Samaín

Preme  AQUÍ  
e verás unha  presentación  sobre  a orixe do Samaín,  ritos celtas, porque se celebra agora etc.

Actividades sobre o Samaín 2017

Podes facer estas actividades  na túa  casa. Son recortables e xogos  sobre o Samaín Preme AQUÍ

Samaín 2017

Preme  AQUÍ
  e  hai un xogo de preguntas sobre o samaín :Cantas acertarás?

Tipos de textos Tema 1

Os textos literarios son aqueles nos que predomina a función poética da lingua, polo que a súa finalidade é estética, pretenden deleitar o receptor a través dun determinado uso da linguaxe que, xeralmente, é connotativa, aberta á evocación e á suxerencia.
Nos textos non literarios adoita primar a función informativa, as palabras están empregadas buscando a maior precisión, procurando evitar calquera confusión no receptor, é dicir, a linguaxe é denotativa. Procúrase a corrección da mensaxe, mais non a súa beleza.

Preme  AQUÍ  e  fai as seguintes actividades sobre textos literarios  e non literarios. Material complememtario ao  libro  dixital  EDIXGAL  


A noticia Exercicios

Preme  AQUÍ
  e fai estas acitividades na libreta

As linguas do mundo

A diversidade  de linguas  mostra as diferentes culturas e formas de vivir de cada pobo.

Preme  AQUÍ
para ver as actividades complementarias ao libro dixital EDIXGAL para o tema 1

Clases de palabras Tema 1

Preme  AQUÍ  
e  poderás  ver unha  presentación sobre as clases de palabras