Os textos literarios son aqueles nos que predomina a función poética da lingua, polo que a súa finalidade é estética, pretenden deleitar o receptor a través dun determinado uso da linguaxe que, xeralmente, é connotativa, aberta á evocación e á suxerencia.
Nos textos non literarios adoita primar a función informativa, as palabras están empregadas buscando a maior precisión, procurando evitar calquera confusión no receptor, é dicir, a linguaxe é denotativa. Procúrase a corrección da mensaxe, mais non a súa beleza.
Preme AQUÍ e fai as seguintes actividades sobre textos literarios e non literarios. Material complememtario ao libro dixital EDIXGAL
BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO
BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.
Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.

O noso instituto

Isaac Díaz Pardo