A diversidade lingüística
Como ben sabes, no mundo existen miles de linguas, o galego é unha delas. A pluralidade lingüística é unha das maiores riquezas coas que conta o ser humano, sabes por que? Porque as linguas reflicten a maneira en que cada pobo percibe o mundo que o rodea. Nunca te fixaches en que nas películas de vaqueiros os indios falan en infinitivo?, aínda que isto é unha ficción, si é certo que moitas linguas indias non teñen formas diferentes para as divisións temporais; pero se cadra non fai falta ir tan lonxe, abonda con que repares nos usos verbais diferentes en linguas que ti coñeces como o galego e o inglés, por exemplo. E isto por que sucede? Pois por iso, porque cada pobo ten unha maneira de entender o mundo diferente á doutros pobos, concibe a realidade dunha maneira e crea o vocabulario e as estruturas lingüísticas que precisa para expresar esa realidade.
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS INFORMACIÓN