BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA DE 1º DE ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO
BLOG DE AULA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DE 1º DE ESO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO (SADA), elaborado pola profesora Ana Casas Añón.
Pouco a pouco introducímonos nas novas tecnoloxías. Imos experimentando e facendo cousas sinxelas pero que esperamos que resulten de axuda para as clases e como material de reforzo, unindo un aspecto lúdico co educativo. Esperamos tamén as vosas aportacións e traballos.
No tema 6 estudamos o vocabulario relacionado coas prendas de vestir e complementos, repasa eses termos coas seguintes actividades elaboradas por Begoña Salgado . Pincha no enlace debaixo da foto.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro. Que sabes del? e da súa obra? Preme no enlace que está debaixo da foto e fai as actividades que foron elaboradas polos profesores do CEIP Frián de Teis (Vigo).
No tema 6 estivemos estudando os determinantes (demostrativos,posesivos, numerais, indefinidos, relativos, interrogativos e exclamativos. Aquí tes unhas actividades para repasar o tema.
Temos aquí unha presentación feita por Marisa Díaz Couce do IES María Casares sobre os elementos da descrición.
Fíxate en todos os pasos para despois facer unha descrición.
Recorda a diferencia entre prosopografía e retrato.
Aquí temos unha ferramenta nova coa que imos empezar a traballar. Trátase de elaborar un cartel ou mural dixital utilizando unha serie de elementos como facer o fondo, engadir un texto, unha foto , un video ou musica. Temos varios videos en que nos explican como se fai .
Imos intentalo, a ver como nos sae.
Ademais podes clicar no seguinte enlace no que explica de forma clara e sinxela como se elabora un mural glogster.